Enxeñería de detalle
Enxeñería de detalle A enxeñería de detalle dun proxecto caracterízase por unha definición pormenorizada dos materiais, man de obra, equipos necesarios, etc., do proxecto, cunha planificación dos fitos para a execución do mesmo.

A enxeñería de detalle recolle tamén o cálculo do orzamento do proxecto cunha descrición detallada das partidas.

Resolve Enerxía, S.L. proporciona para os traballos de enxeñería de detalle un estudo en campo, o que permitirá reportar con maior precisión o impacto do proxecto e axustar os custos de implantación.